A artista e compositora galega Magdalena Gamalho acaba de lanzar o seu disco debut, “Invento”. Iván Barreiro foi o responsable da produción musical deste álbum de influencias pop, rock, funk e world music.
O disco está formado por dez temas en portugués, dos cales seis son de composición propia, tres corresponden a poemas musicalizados (de Pepe Cáccamo e Carvalho Calero) e o último é unha versión (“Teresa Torga” de José Afonso).
Rafa Morais profesor da escola de música Atempo, encargouse da gravación do baixo eléctrico, xunto a Iria Iglesias aos teclados, Carlos Arévalo á batería, Iván Barreiro á guitarra eléctrica e Javier Pereiro á trompeta.
Descubre xa como soa!: