Mai_atair

Måi publica o videoclip do seu novo sinxelo “Altair”

Compartir

A artista galega Måi acaba de estrear o poético videoclip de “Altair”, sinxelo pertencente ao seu novo disco “Nigredo”. “Altair” (a estrela máis brillante de la constelación de Aquila) é un emotivo tema adicado á súa nai que conta coa colaboración de Margarida Mariño no cello.

Na peza audiovisual a luz, a escuridade e as tebras entremézclanse expresando á perfección as sensacións de esperanza e nostalxia que evoca o tema. Dirixida por Judith Adataberna, a súa coidada fotografía é obra de Pablo Kaufmann e Irina Gaidai firma o vestiario, correspondente á colección “Chaperon Rouge”.

Non o perdas!