MJ Pérez publica novo videoclip, “Nom existe a morte”.

MJ recupera e transforma o tema Nom existe a morte, que nace dun poema de Ricardo Carvalho Calero. Esta maqueta compúxoa para o concurso Musicando Carvalho 2020 onde resultou finalista.

Nom existe a morte gravouse en Drum&Roll Studios baixo a produción de Iago Blanco. Neste videoclip MJ tamén contou coa colaboración de Laura Romero na ilustración e na rotoscopia.

Podedes escoitar esta nova canción tanto en YouTube como en Spotify.