“Un País Para Escucharlo” volve a Galiza

Un País para Escucharlo volve a Galiza e poderás velo este martes 9 de febreiro ás 23:05 en La2 ou posteriormente na súa web.

Tras o seu paso por Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela durante a primeira tempada, Un país para escoitalo regresa a Galicia. Percorrerá Lugo, Ourense e Pontevedra e falará con artistas como Mounqp ou Dani. Neste caso o anfitrión de Ariel Rot será Víctor Coyote.

Non sabes que é Un País para Escucharlo?

Ariel Rot percorre a modo de “road movie” distintos puntos da xeografía española para atoparse cos seus músicos máis representativos, desde os máis apegados á tradición de cada lugar aos máis renovadores ou sorprendentes. Este programa de televisión emítese en La2 os martes e xa vai pola súa 3ª tempada.

La Hora Musa, devolveu a moitos melómanos a ilusión por ver un programa de música en directo de calidade na televisión pública e Un País para Escucharlo é o achegamento á cultura e música feita en cada zona de España.

Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea