“Flores y escombros” é o novo disco de Chloé Bird que verá a luz este 2021. Mentres esperamos a escoitalo enteiro podemos gozar dun terceiro adianto, “Nadie Muere de Amor”.
Esta canción é radicalmente pop, luminosa, chea de optimismo e asolagada desa enerxía que está presente en todos os singles que puidemos escoitar ata o momento deste novo traballo e que caracteriza a nova etapa da artista.
Ninguén morre de amor é un himno radiante ao bo rolo, a amar sen medo, a caer para volver levantarse. A vivir. E que mellor forma de celebrar a vida que bailar ao ritmo desta canción.
Queres escoitar este novo tema Chloé Bir? Aquí o tes: