amparo

Amparo

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "Cosas de Descartes"

É unha das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas II

Amparo é unha cantautora viguesa que comezou a súa andaina na música sendo moi cativa. Con 6 anos xa recibe clases de piano, ós 12 inicia os seus estudos en canto e a partir dos 15 empeza a compoñer as súas propias cancións e a estudar guitarra. Durante a súa infancia compaxina os estudos de música coa formación en teatro, participando en varios musicais e chegando a dirixir a coreografía de diferentes obras de teatro musical con tan só 14 anos.

Para compoñer as súas cancións inspirase nun rango moi amplo de artistas que vai dende Joaquín Sabina ata cantantes de reggaetón. As súas composicións móvense entre o pop e a balada pero sempre cun selo moi persoal e propio.

O seu primeiro sinxelo “Cosas de Descartes”, gravado no Programa de Mentoring de Descúbreas II, plantexa unha alternativa á popular frase de Descartes: “penso, logo existo”. Amparo reinterpreta a reflexión do filósofo francés dende a perspectiva dos sentimentos e propón como opción: “sinto, logo existo”. A canción relata os comezos dunha relación cun estilo pop acústico e un ritmo moi contaxioso de melodías coloristas e divertidas.

Amparo publica o seu segundo sinxelo “El Retrato” e prosegue compoñendo cancións para poder publicar o seu álbum debut. Tralo seu paso por Descúbreas II, múdase a Madrid para continuar cos seus estudos de teatro musical e os seus propios concertos.

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.