Rosa Cedron

Rosa Cedrón estrea “Devolverme el Aire”

Rosa Cedrón acaba de presentar “Devolverme el Aire”, primeiro adianto do seu novo disco de estudio “Nómade”, que verá a luz o próximo 24 de setembro.

O disco foi definido pola artista como unha “viaxe desde a escuridade” ao seu interior, e foi gravado xunto ao seu irmán, o violinista Xavier Cedrón, e o pianista Miguel Artus. A produción é obra de Sergio Moure de Oteyz.

Xa podes descubrir o seu videoclip, rodado en plena natureza e dirixido e realizado por Marcos Martínez: