sheila patricia

Sheila Patricia anuncia novo single: “Eido”

A artista galega Sheila Patricia acaba de anunciar que o próximo 20 de xaneiro verá a luz “Eido”, un novo single que se converterá no primeiro adianto do seu novo disco, previsto para este 2022.

“Eido” fusionará a sonoridade tradicional coa electrónica e contará coa colaboración do músico Gabi Reboredo.

O single xa está dispoñible en formato pre- save nas principais plataformas dixitais, e xa podemos descubrir un brevísimo fragmento que a artista colgou nas súas redes sociais.

Non o perdas!