“Pureza” é o nome do novo álbum de Queralt Lahoz. Verá a luz o 28 de maio, pero antes podemos gozar do seu último adianto, “Si la luna quiere”.
Nesta canción, a artista recorre a súa versión máis flamenca. O uso de caixóns, palmas e guitarras xunto a unha voz como a de Queralt danlle forza, sentimento e enerxía a este tema. “Si la luna quiere” está dirixida ás mulleres da súa vida, a súa principal fonte de inspiración, quen lle ensinou a non perder de vista nunca o amor propio.
Xa podedes escoitala aquí: