TANXUGUEIRAS

Tanxugueiras estrea o potente videoclip de “Figa”

Tanxugueiras acaba de estrear “Figa”, un potente tema producido por Iago Pico no que as sonoridades tradicionais e electrónicas volven a fusionarse, e cuxo videoclip no vai deixarte indiferente. Con unha impecable produción, o clip aborda un tema tan relevante na historia como a caza de bruxas, lanzando unha mensaxe de empoderamento feminino e valentía.

Para elo, Tanxugueiras válense de elementos clave na tradición galega como a flor da retama ou o vestuario e xoiería tradicionais. O videoclip foi rodado en diversas localizacións coma o Pazo de Señoráns en Meis.

Descúbreo xa, porque sen dúbida será un dos videoclips do ano en Galicia. Dende Descúbreas felicitamos a toda a equipa por este gran traballo.💜