Tanxu

Tanxugueiras, favoritas do público, terceiras en Benidorm Fest. Chanel dá a sorpresa e irá a Eurovisión

Share on facebook
Share on whatsapp

Chanel deu finalmente a sorpresa e foi proclamada vencedora da final do Benidorm Fest celebrada esta noite no Palau D’ Esports L’ Illa, nunha emocionante gala onde a maxia de Tanxugueiras inundounos cunha impoñente posta en escena. Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro tiñan a Galicia envorcada e ilusionada coa súa participación na final, e non era para menos. Tras a súa actuación, as redes sociais desfacíanse en afagos cara ao trío galego, e é que “Terra” soou con máis forza e poderío que nunca. Parabén mozas!

As votacións do xurado inclináronse cara Chanel, a quen outorgou a máxima puntuación (51 puntos). Con todo, Tanxugueiras lograron a máxima puntuación tanto no voto demoscópico (30 puntos) coma no televoto do público. A suma das 3 votacións provocou como resultado o primeiro posto de Chanel.

Rigoberta Bandini quedou en segunda posición, e soamente a un punto de distancia, Tanxugueiras.

Podes volver sentir a emoción da actuación das galegas na final do Benidom Fest visitando a web de RTVE ou facendo click neste botón:

Desde Descúbreas dámosvos o parabén mozas, por representarnos con tanta maxia, forza e valentía.

Deixa unha resposta

Mais artigos sobre...
Mais artigos sobre...
categoria industria musical
Industria musical
categoria hazlo tú misma
Faino ti mesma
categoria miscelanea
Miscelánea

QUE FACEMOS
Feitos destacados

NOVAS
Actualidade musical

VÍDEOS
Inspírate co que está a soar nas redes

ENTREVISTAS
Historias en primeira persoa

VIDEOTUTORIAIS
A un clic do que necesitas saber sobre música

FORO
Resolvemos as túas dúbidas, envía a túa consulta!

MENTORING
Programa de mentoría musical

AXENDA
Os eventos que non podes perder

DIRECTORIO
Artistas, sonidistas, axencias, escolas…