Broken Peach acaba de lanzar “I’ve Got The Fire”, o primeiro adianto do seu novo traballo.
O enérxico e alegre single, que fala sobre tomar o control e as rendas da vida dun mesm@, foi escrito e producido polos propios Broken Peach.
O orixinal e impecable videoclip, dirixido por Jacobo Areal xunto á banda, é todo un regreso á cultura pop noventeira, con chiscadelas ás boy e girlbands, á Superpop, a Star Wars ou aos inesquecibles walkmans de cassette.
Non esperes máis e descubre xa o novo de Broken Peach!: