TANXUGUEIRAS

Tanxugueiras presenta oficialmente a súa candidatura á preselección de Eurovisión

Compartir

Foron elixidas o pasado mes de setembro pol@s eurofans como favoritas para representar a España no Festival de Eurovision na “Elección Interna 2022″, a enquisa anual que se realiza entre @s soci@s e lector@s do portal Eurovisión- Spain.com, e agora o trío formado por Olaia e Sabela Maneiro e Aida Tarrío, Tanxugueiras, queren cumprir o soño d@s seus seguidor@s e acaban de presentar oficialmente a súa candidatura ao Benidorm Fest, a preselección de TVE para Eurovisión, que se celebrará a finais de xaneiro de 2022 e será emitido en directo en TVE e RTVE Play.
 
Haberá que esperar agora á decisión do xurado, que elixirá os 12 temas finalistas que participarán na selección final para representar a España no Festival. “Figa”, a canción coa que se presentan, é un potente tema que fusiona  a música tradicional galega con sons electrónicos contemporáneos.
Tanxugueiras anunciaba así a súa candidatura nas redes sociais: “Confirmamos, si! Presentámonos, en galego, con pandeiretas e coa nosa sonoridade, claro que si!”.
 
Desde Descúbreas desexámosvos moita sorte mozas! A por todas con Figa!