Joss Stone está de volta con “Never Forget My Love”, un novo single que dará título ao seu novo disco de estudo, que poderemos descubrir en 2022.
O elegante tema, con toques neo soul, foi coescrito e producido por Dave Stewart de Eurythmics, quen traballou xunto á artista na totalidade do disco, que foi gravado nos Blackbird Studio de Nashville.
Joss Stone tivo unhas palabras cara ao seu compañeiro: “Dave e eu fomos grandes amigos durante moito tempo e traballamos xuntos en varios proxectos; el ten unha confianza tranquila e silenciosa que che anima a contar a túa historia. É un sopro de aire fresco”.
O lanzamento vén acompañado dun videoclip dirixido por Paul Boyd que xa podes descubrir aquí: