“Titanas” é o proxecto musical e feminista de Delaporte

Delaporte lanzou o seu disco “Las Montañas” o pasado outubro. Un disco de “loita contra todas as formas de opresión que impiden a unha persoa ser quen quere ser, que lle impiden ser libres”. Unido a este último traballo, este pasado 8 de marzo lanzaron o proxecto “Titanas” coa colaboración de Amaral no tema que dá nome ao álbum, “Las Montañas”.

“Titanas” é un proxecto musical que aposta pola visibilización da muller na industria do directo, para iso contan con sete “titanas” de diferentes idades e xéneros musicais que se unen para esta causa: Amaral, Anaju, Belako, Doura, Rigoberta Bandini, Rozalén e Zahara. Estas grandes mulleres farán unha versión das sete cancións do último disco de Delaporte, “Las Montañas”.

Como ben comenta o dúo electrónico: “O inicio da carreira é o 8 de marzo, pero a visibilidade da muller debería ser sempre”.