A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer aos nominados e nominadas na XIX edición dos Premios Mestre Mateo. Este ano celebrarase o 10 de abril no Teatro Colón de A Coruña.
Na categoría de Mellor Música Orixinal atopamos a dúas compañeiras. Os nominados e nominadas son:
- Elba Fernández e Xavi Font por ‘Auga seca’.
- Mercedes Peón por ‘Nación’.
- Orquesta Fugaz de Improvisación por ‘9 Fugas’.
- Sergio Moure de Oteyza por ‘A galiña turuleca’.