Toca no Náutico de San Vicente e grava en Estudios Mans gracias a Sonidos Mans

Sonidos Mans é un concurso dirixido a bandas emerxentes españolas. Se queres participar, debes presentar un tema orixinal a través da súa plataforma web, desde o 6 ata o 27 de maio. De entre os traballos musicais presentados, varios profesionais do sector musical seleccionarán os mellores vinte e cinco temas. Os cinco proxectos mellor puntuados pasarán directamente á fase final e os vinte restantes á fase de votación popular.

A listaxe cos vinte e cinco seleccionados serán publicados na Plataforma o día 4 de xuño de 2021.

Nesta edición, a plataforma Sonidos Mans repartirá 4 premios. Seleccionaranse catro gañadores que poderán tocar en directo no Náutico de San Vicente. Os gañadores tamén gravarán en Estudios Mans en dúas xornadas de estudo.