udra

Udra estrea tema xunto a High Paw

O trío galego de neosoul Udra formado por Maritxinha (de Vudú) Álvaro Trillo e Diego Negro, acaba de estrear “TI + EU”, un novo tema que conta coa colaboración da artista de reggae High Paw.

O single foi gravado e mesturado por Edu Vidal en Garaxeland (Santiago de Compostela) e masterizada por Caco Refojo, e fala sobre o amor libre e empático, sen etiquetas nin moldes.

O seu videoclip foi creado por Seimeira, e mostra as compoñentes da banda en escenas cotiás dunha relación de tres.

Descúbreo xa!