Amaia

Estreada a Gallery Session de Amaia interpretando “Yamaguchi”

As Gallery Sessions son sesións de música en vivo gravadas ao redor do mundo que mostran o contraste dunha/dun artista interpretando a súa música entre tres paredes que están integradas no espazo urbano, a modo de escaparate.
 
O proxecto naceu hai soamente un ano, e por él pasaron xa artistas como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini ou María Excarmiento. Amaia foi a encargada de estrear as Gallery Sessions xunto a Alizzz, e agora repite co seu novo single dedicado a Pamplona, “Yamaguchi”.
 
Con Víctor Martínez na guitarra española, Amaia regálanos unha versión acústica e íntima do tema, cun vídeo dirixido por Pol González Novell e unha perfecta fotografía obra doutra muller, Malena Sueiro.
 
Non a perdas: