Tanxugueiras

Tanxugueiras xógase hoxe o pase á final do Benidorm Fest

Tanxugueiras actuará en penúltimo lugar, e o seu espectáculo combinará música, baile e audiovisuais

Esta noite (26 de febreiro) a partir das 22.40 comeza a primeira proba de lume para as galegas Tanxugueiras no seu camiño cara a Eurovisión: a primeira semifinal do Benidorm Fest.
 
Desta primeira semifinal sairán 4 d@s 8 artist@s que se xogarán a final, prevista para este sábado 29 de xaneiro.  O trío galego actuará en penúltimo lugar, sendo este a orde oficial de actuación:

1. Varry Brava – “Raffaella”

2. Azúcar Moreno – “Postureo”

3. Blanca Palona – “Secreto de agua”

4. Unique – “Mejores”

5. Tanxugueiras – “Terra”

6. Chanel – “SloMo”

 
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro presentarán en directo “Terra” nun espectáculo que “conxuga o tradicional co contemporáneo en todos os seus elementos”.
 
A responsable de dirección do espectáculo será a escenógrafa Laura Iturralde, que contará cun deseño de baile creado por Fran Sieira. A profesora de danza Silvia Iria Miramontes será a responsable de coordinar os movementos de Tanxugueiras. 
 
Sobre o escenario estarán acompañadas polo produtor Iago Pico na percusión electrónica, e integraranse audiovisuais da artista visual e creativa galega Marta Verde.
 
O vestiario do trío foi deseñado polo ourensán Jorge de Álvarez (finalista nos Premios Nacionais de Moda en 2021), e a maquillaxe correrá a cargo de Miguel Bling (director do ‘ You Glow Salon’).
 
Poderás seguir tanto as dúas semifinais como a final do Benidorm Fest a través da 1, RTVE Play, RNE e TVE Internacional.
 
Esta primeira semifinal durará 70 minutos dos cales 15 serán habilitados para a votación do público. Así que permanece moi atenta!
 
E é que a votación do Benidorm Fest será mixta. Haberá un xurado profesional (formado pola cantante e actriz Natalia Calderón, a coreógrafa Miryam Benedicted, a cantante e inspectora da orquestra e Coro de RTVE Estefanía García, o director de vídeos musicais Marvin Dietmann e o xefe da delegación islandesa para Eurovisión, Felix Bergssom), un xurado demoscópico (cunha mostra de  350 persoas en representación da poboación española) e a votación popular d@s espectador@ s de TVE.
 
Desde Descúbreas desexamos todo o mellor a Tanxugueiras nesta primeira semifinal. Moita sorte mozas!