collage

Así foi a xornada A Música: Un Universo Laboral, organizada por Descúbreas

Compartir

Descúbreas, o proxecto de impulso e visibilización do talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, celebrou este pasado venres 3 de xuño na Sede da Deputación en Vigo a xornada “A Música: Un Universo Laboral”, un evento no que se debatiu sobre as posibilidades laborais da música.

As relatoras da xornada, Salomé Limón (produtora musical gañadora de cinco premios Latin Grammy), Patricia Hermida (presidenta de AGEM, copresidenta do International Music Manager Forum, xerente da axencia Dotbeat…) e Rebeca Rods (profesora, produtora e directora de varios coros de Gospel), contaron as súas experiencias persoais no mundo da música desde diferentes perspectivas: xerencia, técnica e artística.

Ao finalizar as súas intervencións celebrouse unha mesa redonda aberta ao debate onde as asistentes puideron expresar as súas opinións e dúbidas acerca de cuestións como as dificultades das artistas para facerse oír nos medios de comunicación, a importancia das redes sociais na comunicación dun proxecto musical ou a dignificación das profesionais da música.

charla
Carmela Silva, Salomé Limón, Patricia Hermida e Rebeca Rods

Podes ver as fotos da xornada premendo no botón:

Se non tiveches oportunidade de asistir á xornada e interésache vela, podes acceder a ela completa e online aquí: