alicia keys

Alicia Keys lanza “KEYS: A Shortfilm”, unha curtametraxe con 3 das súas novas cancións

A gran Alicia Keys lanzou unha curtametraxe de 13 minutos de duración para presentar 3 dos novos temas incluídos no seu novo disco de estudo dobre, “KEYS”, formado por 26 cancións que inclúen as colaboracións de Khalid ou Lil Wayne.
 
A curta está narrado en of pola propia artista e dirixida por Sylvia M Zakhary Le e Sing J. Le. Divídese en 3 capítulos que se corresponden con 3 temas do disco: “Old memories”, “Lala” e “Only You”.
 
Durante a peza audiovisual, na que se mostran vivencias reais de Alicia Keys, poderás descubrir ademais cameos de artistas como Snoop Dogg ou Swae Le.
 
Non a perdas!: