Lorde

Descubre o místico novo videoclip de Lorde

A neozelandesa Lorde acaba de presentar o videoclip de “Leader of a New Regime”, un dos novos temas do seu álbum “Solar Power”, o primeiro que publica tras catro anos de silencio. 
 
O clip foi dirixido pola propia artista xunto a Joel Kefali, e nel Lorde homenaxea ao solsticio de inverno con imaxes tan místicas e irreais como dúas mozas emerxendo do océano a cabalo, ou un espello semienterrado na beira do mar e reflectindo a marea.
 
“Solar Power” é unha celebración do mundo natural, e todos os videoclips deste novo álbum que Lorde está a estrear mostran unha conexión moi especial coa natureza.
 
Descubre xa o videoclip de “Leader Of A New Regime”!