Vega

Vega estrea “Mirlo Blanco”, terceiro adianto do seu novo disco

Vega continúa presentándonos os temas do seu próximo disco, que verá a luz o próximo 11 de febreiro de 2022.
 
“Mirlo Blanco” é un tema que fala sobre o empoderamento e a fortaleza de superar as adversidades, e que foi definido como unha viaxe emocional pola vida da artista: “Unha viaxe sobre a necesidade de remontar o voo, aínda que sexa voando raso. Escribín esta canción nun momento persoal e profesional difícil. Un máis entre tantos.”
 
 O tema foi gravado en Gárate Studios baixo a produción de Kike Fuentes, e nel colaboran @s galeg@s Xosé Manuel Budiño na frauta e Guadi Galego nos coros, e é que a artista declarou nunha recente entrevista: “Non entendo os meus discos sen que haxa un pedacito de Galicia”.
 
O videoclip, dirixido por Ezequiel González Enis, está rodado tamén en Galicia, e mostra a Vega vestida de branco no medio dun místico bosque mentres interpreta o tema. Podes descubrilo aquí: