Billie Eilish anuncia novo traballo: “Happier Than Ever”

O próximo 30 de xullo verá a luz o segundo disco de estudo de Billie Eilish, “Happier Than Ever”.

Este novo traballo tomará a substitución de “When We All Fall Asleep Where Do We Go” co que gañou o Grammy ao mellor álbum do ano. Billie demostrou ser unha gran artista gañando con só 18 anos catro Grammys das categorías principais en 2020: mellor novo artista, disco do ano, canción do ano e gravación do ano.

“When We All Fall Asleep Where Do We Go”, contará cos singles “Therefore I Am” e “My Future“, pero non poderemos escoitar nel “Lo Vas a Olvidar”, o seu tema con Rosalía. Eilish declarou nas súas redes sociais sobre este novo traballo que: “Esta é a cousa favorita que xamais creei e estou moi emocionada, nerviosa e desexando que o escoiten. Non podo nin expresalo. Nunca sentín tanto amor por un proxecto”.

Soamente temos a data de lanzamento do álbum, pero xa podemos abrir boca cun teaser de adianto mentres esperamos a máis novidades.