Case o 70% das mulleres da industria musical cobran menos do soldo medio dos homes

A situación das mulleres na industria musical española pódese resumir en tres palabras: discriminación, precariedade e sobrecualifación. A esta conclusión chegou a Asociación MIM (Mujeres da Industria da Música) tras a realización dun estudo en máis de 90 empresas do sector que foi posible grazas ao financiamento do INAEM.

Este estudo de xénero, o primeiro que se realiza sobre este tema en España, elaborado pola Universidade Carlos III por encargo da Asociación MIM, móstranos datos desesperanzadores sobre a mulleres traballadoras da industria musical.

ALGÚNS DATOS DE INTERESE:

  • Só un 37% das empresas da industria musical están lideradas por mulleres.
  • No caso das discográficas independentes soamente un 14% contan con figuras femininas, mentres que nas tres grandes multinacionais (Sony, Universal e Warner) non teñen mulleres na súa presidencia.
  • Un 65% das mulleres traballaron na industria musical sen ningún contrato ou remuneración durante polo menos un ano.
  • Un 35% estiveron entre un e tres anos traballando sen remuneración ou contrato.
  • Case o 70% das mulleres do estudo cobran menos do soldo medio dos homes.
  • Moitas sufriron actitudes sexistas. Case un 16% foron vítimas de xuízos verbais ofensivos en forma de ridiculización ou de críticas sexistas e mesmo vexacións ou insultos, un 5,9% indicou que sufriu acoso laboral e un 1,49% deste acoso derivou en abusos ou agresión sexual. Lembremos que estas cifras poden variar xa que moitas nunca chegan a falar do que pasou por medo ás consecuencia de contar o ocorrido.
  • Máis dun 70% das profesionais comezaron na música con formación universitaria ou formación de grao superior e con coñecemento de idiomas. Por outra banda, case un 40%, ademais, cursou máster ou formación especializada. No estudo, apenas se atoparon mulleres que teñan pouca cualificación.
  • Elevada temporabilidade. 
  • Máis dun 80% da mostra de traballadoras afirma que o seu posto requírelle unha dedicación en tempo maior que a xornada para a cal legalmente están contratadas.
 

O estudo revela: “Esta falta de mulleres directoras ou emprendedoras vén marcada polo chamado sticky floor ou chan pegañento. Elas traballan a xornada completa e non modifican o seu posto de traballo, polo que non asumen cargos de maior responsabilidade e parecen renunciar a estratexias de promoción. Ademais, a conciliación familiar e a precariedade preséntanse como dúas das causas que producen este estancamento”.

A Asociación MIM impulsa este estudo, que non é un proxecto terminado senón activo, comprometida en seguir monitorando con regularidade os esperados avances cara á igualdade.

MIM é a Asociación de Mujeres da Industria da Música, fundada en setembro 2016 e que conta con máis de 400 asociadas e asociados en toda España.

FONTE E FOTOGRAFÍA: Asociación MIM