Lanzamento do “Manual de boas prácticas en xestión cultural para espectáculos ao vivo” en Galicia

Desde a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) en colaboración coa área de Cultura da Deputación da Coruña elaboraron un “Manual de boas prácticas na xestión cultural para espectáculos ao vivo”.
 
A intención deste manual é a de estabelecer, dun modo práctico, os pasos que debe seguir calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, á hora de afrontar a organización dun espectáculo ao vivo.
 
O manual está dirixido a profesionais do sector cultural e presentarase o luns 15 de marzo ás 19:00h. 
 
📩 Podes participar na presentación en liña inscribíndote aquí: https://bit.ly/3rCmbxI