O Festival Portamérica acaba de confirmar a presenza de Law, unha das oito rapazas mentorizadas da I Edición de Descúbreas.
Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.
Law actuará abrindo o festival este venres 3 de xuño ás 17:15 da tarde no Escenario Rías Baixas.
Aquí podes ver o videoclip do seu tema “Veni Vidi Vici”, realizado durante o programa de mentoring: