“Musigal 2021”, música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra

O programa “Musigal” 2021 ponse en marcha para contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra e fomentar ao tempo o uso e a normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.

A Deputación de Pontevedra crea “Musigal” co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. Un dos seus obxectivos é a dinamización da lingua galega, xa que busca favorecer a vivencia positiva no noso idioma e contribuír á posta en valor da lingua galega e a incrementar o seu uso e prestixio, á socialización en galego da infancia e da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia de Pontevedra.