“The Men Who Rule the World” o novo single de Garbage contra o patriarcado

A banda de rock alternativo Gargabe anuncia novo disco ‘No Gods, No Masters’ que verá a luz o 11 de xuño. Despois de cinco anos de silencio creativo, podemos disfrutar do primeiro single de adianto, “The Men Who Rule the World”.

“The Men Who Rule the World” trátase dun tema de rock electrónico de espírito combativo contra o patriarcado e as súas consecuencias. Ademais, este novo álbum tratará temas actuais ligados aos sete pecados capitais.