la cantante y compositora Woyza en una mentoría con las participantes de Descúbreas

Impulsa a túa carreira musical con Descúbreas en agosto

Compartir

Tras a gala de presentación dos vídeoclips das participantes do programa de Mentoring, Descúbreas propón unha serie de ferramentas e accións de gran utilidade para emprender o teu proxecto artístico-musical. Ademais das novidades sobre programas formativos, bolsas, novos lanzamentos doutras artistas, na plataforma www.descubreas.com atoparás novas entrevistas e videotutoriais que iremos subindo nas próximas semanas. 

Así mesmo, a xornada “Monta a túa Xira” achegará as claves de xerencia, produción, legais e administrativas para organizar unha xira de concertos. A xornada ‘Monta a túa Xira’ contará coa intervención de varias profesionais da xerencia, promoción e produción de eventos. Unha delas, da Asociación Músicas Ao Vivo, entidade que aglutina por centos de profesionais do sector musical en Galicia. Nesta xornada, as relatoras tratarán desde aspectos de loxística, produción de eventos, promoción, negociación con salas, ata outros temas de tipo laboral, legal e administrativo. 

Este evento terá lugar entre a segunda e terceira semana de agosto. Ademais, na web www.descubreas.com comezaremos a subir diferentes entrevistas con mulleres da industria musical na que dan algunhas recomendacións ás persoas que inician a súa andaina no sector. Así mesmo, nos nosos videotutoriais poderás obter ferramentas clave para emprender o teu proxecto musical. Non esquezas, que nas nosas noticias, non só publicamos todas as novidades musicais de artistas galegas. Tamén atoparás novas oportunidades de bolsas e programas que tamén impulsan o talento de mulleres para acabar coa brecha de xénero na música. 

Así mesmo, coñecerás todas as novidades de feiras musicais profesionais e outras oportunidades de xerar redes de traballo dentro da industria. Por outra banda, se nos escribes coas túas cuestións na nosa sección ‘Consultas en Liña’ profesionais do sector musical responderán as túas dúbidas. Se tes un proxecto musical incipiente, non o dubides, navega por Descúbreas.com en agosto e únete á nosa comunidade en redes sociais e na nosa newsletter.