Actividades
DA TERCEIRA EDICIÓN DESCÚBREAS
Desenvolveremos unha serie de actividades nas que podes participar: visitas, conversas, obradoiros, etc. Diferentes oportunidades para coñecer como funciona a escena musical por dentro.
Xornada de networking
A música: un universo laboral
TERCEIRA EDICIÓN DESCÚBREAS, MÁIS INFO. PRÓXIMAMENTE
Nesta terceira edición de Descúbreas presentamos este evento no que haberá faladoiros, talleres e reunións coas empresas máis relevantes do sector musical galego para que as mulleres do universo descúbreas tomen contacto co entorno laboral da industria da música e os espectáculos. Celebraranse mesas redondas abertas para compartir dúbidas acerca de cuestións como as dificultades das mulleres para acceder a traballos no eido da música ou a dignificación das profesionais da industria musical.
Cómo funciona a industria da música?
TERCEIRA EDICIÓN DESCÚBREAS, MÁIS INFO. PRÓXIMAMENTE
A música está en todas as partes e permea en todas as disciplinas artísticas e tamén en outros ámbitos dacomunicación. Plantexaremos os aspectos mais relevantes para entender cómo funciona o mundo da música e para iso invitaremos a mulleres que xa pilotan empresas do sector e que compartirán con nós os seus coñecementos e experiencias.
OBRADOIRO DESCÚBREAS
Súbete ao escenario
TERCEIRA EDICIÓN DESCÚBREAS, MÁIS INFO. PRÓXIMAMENTE
Queremos saber os trucos e os detalles para que a primeira ocasión encima dun escenario sexa unha boa experiencia. Plantexaremos os aspectos mais relevantes: na primeira parte se falará dos conceptos técnicos e os detalles a ter en conta. Na segunda parte faremos unha práctica coordinada pola artista e cantante “Wöyza”.
Monta a túa xira
TERCEIRA EDICIÓN DESCÚBREAS, MÁIS INFO. PRÓXIMAMENTE
O taller para artistas emerxentes que dá as claves para mostrar a túa música. Aitana Cuétara, xerente de Luneda Producións e Yolanda Boullosa, do departamento contable de Músicas Ao Vivo, explicarán todas estas claves e realizarán unha práctica. O evento será na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.
OBRADOIRO DESCÚBREAS
Visita a un festival
TERCEIRA EDICIÓN DESCÚBREAS, MÁIS INFO. PRÓXIMAMENTE
Durante esta xornada profesionais da industria explicarán os procesos de programación, como se poñen en contacto os festivais coas artistas, cales son os pasos necesarios para poder facer realidade un evento destas características, a promoción do evento en distintas plataformas…
Noutras edicións
Aquí podes coñecer algunhas das actividades que fixemos nas anteriores edicións de Descúbreas.
Eva Pico, mentorizada da I Edición de Descúbreas, súmase ao cartel do Atlantic Fest
O Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa confirmou recentemente no seu cartel a Eva Pico, unha das oito rapazas mentorizadas da I Edición de Descúbreas. Descúbreas
Comezamos a gravación dos videoclips en Descúbreas Mentoring
En Descúbreas comezamos, estes días, a gravación dos videoclips das artistas que forman parte do programa do Mentoring. O noso equipo está a traballar coas
Así foi a xornada A Música: Un Universo Laboral, organizada por Descúbreas
Descúbreas, o proxecto de impulso e visibilización do talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, celebrou este pasado venres 3 de xuño na Sede
Law, mentorizada da I Edición de Descúbreas, confirmada no Festival Portamérica
O Festival Portamérica acaba de confirmar a presenza de Law, unha das oito rapazas mentorizadas da I Edición de Descúbreas. Descúbreas é un proxecto de
Descúbreas organiza o 3 de xuño unha xornada sobre as posibilidades laborais da música
O evento contará coas ponencias de Salomé Limón, gañadora de cinco Latin Grammy, Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais e Rebeca Rods,
Industria Musical, Videoclips e Comunicación do Proxecto Musical, protagonistas da segunda mentoría grupal de #Descúbreas2
Vanesa Sánchez, Andreia Táboas e Javier Abreu, do equipo de Descúbreas, impartiron as mentorías A II Edición do Mentoring de #Descúbreas2 realizou a súa segunda