Novas

Rumia lanza o seu EP “Acoustic Collection”

A artista galega residente en Berlín Rumia acaba de lanzar nas plataformas dixitais o seu EP “Acoustic Collection”, un traballo de 6 temas propios reinventados en clave acústica xunto a unha nova canción inédita, “He Is My Number One”.  Este é o tracklist do EP, producido por Manuel Colmenero Sonobox:

VER MÁS

Carla Lourdes lanza o videoclip de “Papel Para Almodóvar”

Carla Lourdes acaba de lanzar o videoclip do seu novo sinxelo “Papel Para Almodóvar”, producido por Raúl Ben. Un tema que fala sobre as diferentes versións dunha mesma que cada unha de nós podemos contar. O clip foi rodado no espazo O Sanatorio de Pontevedra e está dirixido por Pixelize

VER MÁS

O concerto “Música de Mujeres” celebrarase este 23 de marzo en Pontevedra e recoñecerá as contribucións a música de mulleres de todo mundo

Pontevedra acollerá o concerto  “Música de Mulleres” este 23 de marzo ás 20.00h no Auditorio do Conservatorio de Manuel Quiroga. Nel actuarán a soprano canadiense Bonnie Cooper con Samuel Serrano ao piano, e contará coa presenza da compositora coruñesa Margarita Viso. No concerto recoñeceranse as contribucións á música de mulleres

VER MÁS

Lost Minnow lanza o videoclip de “Dear Ghost”

Lost Minnow acaba de estrear o videoclip de “Dear Ghost”, sinxelo que da nome ao seu novo EP. O tema, composto pola propia artista, fala de dous namorados que pertencen a mundos diferentes. O seu videoclip está protagonizado pola propia Cristina Pena e Alejandro Tasende interpretando a eses dous namorados

VER MÁS

A Banda Da Loba estrea o videoclip de “Plumas Amarelas”

A Banda Da Loba acaba de estrear o videoclip de “Plumas Amarelas”, un tema que en palabras da propia banda é “un canto á liberdade, unha homenaxe a todas as mulleres anónimas que, dende o cotiá, loitaron para que nós hoxe poidamos ser quen somos e vivir como vivimos.”. O

VER MÁS