TANXUGUEIRAS

Tanxugueiras achégase a Eurovisión tras confirmarse finalistas no Benidorm Fest

Tanxugueiras está cada vez máis preto de representar a España en Eurovisión. O trío galego acaba de ser anunciado como finalista xunto a outr@s trece artistas e grupos (entre os que se atopan Azucre Moreno, Rayden, Varry Brava ou Rigoberta Bandini) no Benidorm Fest, festival de onde sairá a/o representante de Eurovisión 2022.
Tanxugueiras foran as gañadoras da enquisa de eurofans do portal  Eurovisión- Spain. com, e a súa presenza en Benidorm Fest rumoreábase desde a presentación oficial da súa candidatura. Agora Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío competirán en xaneiro cun tema inédito en galego chamado “Terra”.
 
En palabras do trío: “Estamos moi emocionadas porque imos ir cun tema noso, cun tema de esencia Tanxugueiras. A verdade é que ou tema Terra, como xa está implícito na palabra, é raíz e estamos supercontentas de poder ir co noso idioma e coa nosa tradición e poder poñer en valor dentro do que nós poidamos as linguas cooficiais. Fainos moitísima, moitísima, moitísima ilusión”. Sería a primeira vez que un tema en galego competise no festival.
 
Desde Descúbreas desexámoslles moita sorte e esperamos que viaxen ata Turín o próximo mes de maio.